Política de privacidade

Información ao usuario da existencia de ficheiro e solicitude do consentimento para o tratamento automatizado dos datos:

En relación cos datos de carácter persoal facilitados polos interesados nos formularios habilitados no sitio web www.musicaxoveemerxente.gal, infórmase de que se cumpre estritamente a normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal e que os datos proporcionados, no seu caso, serán incluídos nun ficheiro responsabilidade de Francisco Gómez Seijo (en diante, COPRA Producións) para o seu tratamento conforme ás finalidades descritas nesta Política de Privacidade e nos formularios habilitados en cada caso, prestando os interesados o consentimento para o devandito tratamento mediante a aceptación da presente política de privacidade ou mediante o envío de información por calquera dos medios previstos no sitio web.

 

Finalidade dos datos:

COPRA Producións recolle determinados datos persoais que son introducidos voluntariamente polos usuarios nos distintos formularios que existen no sitio web musicaxoveemerxente.gal: "Crear o perfil de usuario" e "Crear o perfil do grupo". Os datos son utilizados coas seguintes finalidades:

  • Xestionar as solicitudes de información ou contacto realizadas polos usuarios a través dos medios de contacto publicados no sitio web.
  • Xestionar a participación dos grupos, e dos seus membros, no certame de conformidade coas Bases do mesmo, así como as actuacións dos grupos gañadores e dos seleccionados.

 

Obrigatoriedade dos datos:

Os campos obrigatorios identifícanse como tales mediante o uso dun asterisco (*) ou mediante a indicación expresa da súa necesidade (obrigatorio). En caso de non encher os campos obrigatorios, non sería posible xestionar as solicitudes de información e/ou contacto, ou ben participar no certame ou nas actuacións.

 

Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Os interesados poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, e revogar o consentimento prestado en cada caso para o tratamento e/ou cesión dos seus datos, en calquera momento solicitándoo por correo postal a COPRA Producións na seguinte dirección: Rúa Francisco Catoira núm. 3, 2º, 15007 A Coruña; ou remitindo unha mensaxe de correo electrónico á seguinte dirección electrónica gandy@mundo-r.com. En todo caso, deberá acompañarse a solicitude dunha copia do documento oficial que acredite a identidade do titular dos datos.

 

Responsable do tratamento:

COPRA Producións, cuxo domicilio se atopa na dirección indicada na cláusula anterior, é o Responsable do tratamento dos datos persoais recollidos a través do sitio web musicaxoveemerxente.gal. COPRA Producións inscribiu debidamente os seus ficheiros na Axencia Española de Protección de Datos, podéndose consultar os mesmos no sitio web do organismo.

 

Menores de idade:

Poderán participar menores de idade no certame nos termos descritos nas Bases. No caso de que a persoa menor de idade teña menos de catorce anos, deberá achegarse a correspondente autorización por parte dos seus proxenitores e/ou titores autorizando o tratamento dos seus datos conforme ás finalidades e tratamentos indicados nesta Política de Privacidade.

 

Cesión de datos:

Os datos proporcionados polos interesados serán cedidos a terceiros nos termos descritos nas Bases do certame e na presente Política de privacidade. En calquera caso, a comunicación dos datos estará vinculada ao cumprimento da mesma finalidade para a que estes foron proporcionados e, por tanto, responderá á libre e lexítima aceptación da relación xurídica existente entre os interesados e COPRA Producións, cuxo desenvolvemento, cumprimento e control implican necesariamente a conexión dos datos e inclúe a transmisión necesaria dos mesmos.

Os audios, imaxes, datos de redes sociais e de Youtube que os grupos inclúan no seu perfil do certame terán carácter público e aparecerán publicados no sitio web musicaxoveemerxente.gal, de forma que serán datos accesibles por calquera persoa que visite o sitio web. Do mesmo xeito, os datos dos grupos gañadores e dos grupos seleccionados serán publicados en www.xuventude.net, no apartado de Música Xove Emerxente, sitio web dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Ao inscribirse e participar no certame a través do sitio web musicaxoveemerxente.gal, os participantes aceptan expresamente a presente política de privacidade e declaran ser informados e consenten, sen reservas, a comunicación dos seus datos nos termos indicados nesta cláusula. Os interesados poden revogar o consentimento prestado tal e como se sinala na presente. A revogación do consentimento implicará a exclusión do certame para o grupo afectado, posto que os datos publicados son esenciais para o desenvolvemento do mesmo.

Os usuarios son os únicos responsables da información que publiquen no seu perfil de usuario e no perfil do grupo, debendo dispoñer do consentimento dos interesados cuxos datos ou imaxes publiquen ou, no seu caso, debendo adoptar as medidas necesarias para anonimizar a información publicada de forma que os afectados non sexan identificables baixo ningún concepto. Os usuarios deben absterse de proporcionar datos persoais doutras persoas salvo que estean expresamente autorizados por estas, ou polos seus representantes legais en caso de tratarse de menores de idade, para facilitalos nos termos descritos nesta Política de Privacidade. O Responsable do Ficheiro poderá dirixirse en calquera momento aos usuarios para que acrediten a existencia e contido das autorizacións mencionadas.

 

Seguridade:

COPRA Producións asegura a absoluta confidencialidade e privacidade dos datos persoais tratados, adoptando para iso as medidas de seguridade, de índole técnica e/ou organizativa, necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado aos datos, garantindo así a seguridade dos mesmos. COPRA Producións non responderá en ningún caso das incidencias que poidan xurdir ao redor dos datos persoais cando se deriven ben dun ataque ou acceso non autorizado aos sistemas de tal forma que fose imposible de detectar polas medidas de seguridade implantadas.

 

Cookies

COPRA Producións unicamente utiliza, no seu caso, cookies para efectuar o intercambio de datos a través de redes de comunicacións electrónicas, ou cando estas son estritamente necesarias para a prestación dunha funcionalidade, que forma parte dun servizo da sociedade da información, expresamente solicitada polo usuario. As cookies que se utilizan non conteñen información persoal que identifique o usuario. En caso que o uso das cookies non cumprise algunha das finalidades indicadas, COPRA Producións solicitará o consentimento informado do usuario para a utilización dos devanditos dispositivos de almacenamento e recuperación de datos no seu equipo mediante un sistema de información por capas. En calquera caso, o usuario pode configurar o seu navegador para que non se lle instalen cookies ou para recibir un aviso en pantalla cada vez que unha cookie queira instalarse, podendo decidir en cada momento se a quere aceptar ou non. Para coñecer a política de instalación e xestión de dispositivos de almacenamento e recuperación de datos en equipos terminais do sitio web consulte a Política de Cookies.

 

Veracidade dos datos:

Os usuarios son responsables da veracidade dos datos proporcionados, comprometéndose a non introducir datos falsos e a proceder á modificación dos mesmos se fose necesario.

 

 

 

Solicitamos o teu permiso para obter datos estatísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real Decreto-lei 13/2012.

Se continúas navegando consideramos que aceptas o uso de cookies.

Más información

Aceptaches a nosa política de cookies. En calquera momento podes anulalo picando .